Monday 29 de April de 2024

Mañá sábado, 12ª edición do Trofeo “Concello da Laracha” de tiro con arco


Hai oitenta e seis participantes inscritos entre todas as categorías.

A décimo segunda edición do Trofeo “Concello da Laracha” de tiro con arco disputarase mañá sábado no pavillón do IES Agra de Leborís. O evento é organizado polo Club Arco Laracha e Arqueiros do Adarve coa colaboración do Concello.

Están inscritos para participar un total de oitenta e seis arqueiros das categorías esquío, benxamín, alevín, infantil, novel e sénior. Chegarán desde diferentes municipios da provincia, como A Coruña, Betanzos, Ponteceso, Fene, Ordes e Teo, e tamén desde Lugo e Guitiriz. A Laracha estará representada con trece participantes locais.

Ás 16:45 horas os arqueiros serán recibidos no lugar de celebración do torneo e terán un período para realizar os exercicios de quecemento e adestramentos. A competición principiará ás 17:25 horas.
A entrada para asistir como público a este evento é libre e gratuíta.